miércoles, 15 de abril de 2009

Presión

Este é o primeiro evento posible nun ciclo, pero para poder darse, algún dos dous equipos ten que usar a táctica presión. O efecto deste evento e que nese mesmo ciclo non terá lugar nin a ocasión normal nin ningún evento especial de ocasión de gol (os non climáticos).

O nivel da táctica calcúlase sumando o nivel de defensa de tódolos xogadores, contando dobre o nivel dos xogadores con especialidade Potente. Cada 14 (ou 15) niveles de defensa aproximadamente obtense un nivel de táctica presión. Segundo vai avanzando o partido o nivel da táctica vai caendo polo propio efecto da resistencia sobre o rendimento dos xogadores. Ademáis o feito de usar a táctica presión fai que o rendimento dos xogadores caia máis axiña.

Durante o partido tamén hai casos nos que o nivel de táctica pode incrementarse, como por exemplo, cunha substitución na que entre un xogador con maior defensa que o que sae ou cun evento climático favorable que incremente o aporte de defensa de un xogador. Este é o motivo polo que creo queda probado que os eventos climáticos só afectan a partir do instante no que son reportados, xa que o valor de nivel de táctica de presión aparece reflexado no arquivo xml do partido para cada instante no que ocorre un evento de presión, e pódese ver que nun evento de presión tras un evento climático de potente en choiva o nivel de táctica e maior que o de inicio do partido ou que o de outros eventos de presión previos do mesmo partido.

Outro efecto da presión é que non só se cancela unha ocasión normal (ocasión que inda non se decidiu para quen ía ser, nin se vai chegar a decidir), senón tamén os posibles eventos especiais non climáticos dese mesmo ciclo no que aparece a presión.

En canto a posible aparición deste evento, cabe dicir que funciona de forma semellante o CA. A maior nivel de táctica, maior efecicacia, pero a maior nivel xeral dos equipos, menor efecto da táctica, e tras ter aparecido un evento de presión, a posiblidade de que volva aparecer outro redúcese. Así a media de efectividade desta táctica e dun 40% no primeiro ciclo, un 25% no segundo e segue decrecendo ata un 2% no último ciclo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario