En cada ciclo poden ter lugar ata 3 SE de este tipo (pode tratarse dun límite ou simplemente é moi improbable que teñan lugar máis).
Existen 30 (29 porque hai un que nunca aparece): 15 que rematan en gol e os mesmos 15 (14) rematados en erro en lugar de rematar en gol. Nunca se repite ningún destos 30 SE, así que a máxima cantidade teórica de goles que poderían ter lugar por eventos especiais nun partido sería de 15, ainda que nunca se viron máis de 5 goles por SE nun partido e nunca se viron máis de 6 SE nun mesmo partido. De feito só se coñece un partido con 6 SE.
Se tivo lugar un evento de presión, non poderá haber SE nese ciclo.
Os 15 tipos:
-Pase longo de imprevisible: Aparece no 2,68% de partidos cun 62,49% de éxito.
-Disparo de imprevisible: 1,72% de partidos con 59,37% de éxito.
-Tiro lonxano: Antigamente aparecía nun 5,65% de partidos, pero tralos cambios no motor só se ve no 0,02% de partidos.
-Pase "xenial" de imprevisible: 2,64% de partidos con 62,63% de éxito.
-Balón perdido por imprevisible (evento negativo): 2,73% de partidos con 59,10% de éxito.
-Disparo de rápido: 5,33% de partidos con 69,87% de éxito
-Pase de rápido: 5,54% de partidos con 79,03% de éxito
-Defensor cansado: só ocorre nas segundas metades para calquera das dúas versións (gol ou erro) e incrementa a súa probabilidade de aparición co paso dos ciclos. 0,81% de partidos con 78,45% de éxito
-Córner: 13,33% de partidos con 64,98% de éxito.
-Córner + xogo aéreo: 12,85% de partidos con 91,87% de éxito.
-Experiencia: 2,79% de partidos con 58,91% de éxito.
-Inexperiencia (evento negativo): 17,17% de partidos con 9,97% de éxito.
-Extremo + xogo aéreo: este evento e o seguinte en realidade poderían verse como o mesmo. Son un pouco confusos e é difícil saber como funcionan. O evento seguinte (extremo + anotación) nunca pode ser fallado, e nunca é rematado por un xogador con especialidade xogo aéreo. Este evento (extremo + xogo aéreo) pode ser fallado e pode ser rematado por calquer xogador (ainda que só os xogadores con especialidade xogo aéreo poden anotalo e raramente o erran). Podería entenderse que os erros do seguinte evento e este se acumulan nun único evento errado, que é o deste evento; e que os acertos se reparten entre os dous eventos, cando remata un cabeceador xérase este evento e cando non é cabeceador xérase o outro evento. 3,37% de partidos con 67,60%.
-Extremo + anotación: 11,67% de partidos con 100% de efectividade
-Técnico vs. xogo aéreo: 1,41% de partidos 56,15% de éxito.
Cada SE sería caso de un estudio particular, a súa relación ca posesión, o seu momento de aparición ou súa dependencia de outros factores (anotación, lateral, nº de cabeceadores, resistencia, experiencia,…) tanto para a porcentaxe de aparición como para a porcentaxe de conversión. Os SE dependen da posesión pero parece que os eventos finalizados en gol dependen linealmente da posesión, mentres que os finalizados en erro son independentes da posesión, ainda que isto necesitaría dun estudio máis profundo.
Grosso modo en partidos sen xogar creativo a media de SE é de 0,85; mentres que nos partidos que un equipo usa a táctica a media de SE é de 1,25 e se os dous xogan creativo chega a 1,5. Un dato para ver a importancia dos eventos especiais é que só un 38,03% dos partidos non teñen eventos especiais (1 SE:40,69%; 2 SE:16,63%; 3 SE:3,08%; más de 3 SE <0,5%).
Tras un SE que é gol tamén se poden reportar as notificacións de hattrick e de drawback.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario