Existen 6 tipos: 3 en partidos de choiva e 3 en partidos de clima moi caluroso. Así que o número máximo de eventos climáticos que poden aparecer nun partido son 3, xa que non se poden repetir e nun partido de choiva non poden aparecer os eventos referidos a partidos calurosos e viceversa (aclaro isto porque custoume un tempo darme de conta de ese detalle :$).
Ó contrario de moitas crenzas, os eventos climáticos só teñen efecto no partido dende o momento no que aparecen. Isto dedúcese do efecto na calificación da táctica presión, que tras un evento especial climático pode alcanzar unha calificación maior que a inicial. O feito de que non apareza reflexado nas estrelas dos xogadores débese a que para o cálculo das estrelas non se usan os puntos de control como para as calificacións, senón que se estiman o final do partido en función directamente das habilidades do xogador, posición, resistencia, minutos de xogo... e os eventos climáticos actúan como multiplicadores de certas habilidades e non se teñen en conta para o rendimento final en estrelas do xogador en que instante ocorreron.
Os xogadores afectados por un evento climático poden ser rápidos, potentes ou técnicos, tanto en choiva como en días calurosos, con distintas ganancias e pérdidas que non son constantes de un partido a outro e das que se descoñece en que pode estar basadas.
Os eventos climáticos van reducindo a súa probabilidade de aparición a medida que van pasando os ciclos, inda que hai dous dos seis tipos de eventos climatolóxicos: negativos para os potentes en días calurosos e negativos para os rápidos en días calurosos) que só poden ocorrer nos segundos tempos. Pero ó igual que o resto, a medida que avanzan os ciclos do partido faise máis difícil a súa aparición. Ademáis estes dous tipos de eventos son en media case a metade de probables que os outros catro eventos que teñen unha media de aparición similar. Os eventos climáticos en choiva aparecen cunha probabilidade individual de entre un 45-50%, ó igual que os eventos positivos de técnicos en partidos de sol, mentres que os eventos negativos en sol para potentes e rápidos aparecen en un 25-30% dos partidos de sol.
Segundo os HT os eventos climáticos vense influenciados po-la táctica xogar creativamente, inda que na práctica esta influencia non parece moi grande. Os eventos especiais climáticos repártense independentemente da posesión, ó igual que os eventos especiais de ocasión que son errados.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario