sábado, 30 de mayo de 2009

Confusión

É a derradeira acción do bucle. Tras este evento voltarase ó inicio do bucle. (A menos que se trate do derradeiro bucle, obviamente).

Os dous equipos poden sufrir confusión no mesmo bucle. En primeiro lugar determinase o evento de confusión para o equipo local, e logo faise para o visitante.

O efecto da confusión é unha caída porcentual do rendimento en tódalas calificacións. De producirse un evento de confusión no primeiro tempo (5 primeiros ciclos), antes do sexto ciclo, ó inicio do segundo tempo darase o evento de recuperación de nivel de organización.

As variacións do rendimento por causa da confusión dependen da experiencia do equipo (que depende tanto da experiencia do capitán e do resto dos xogadores) e do nivel de formación, así como o extrema que poda chegar a ser a formación e o "alonxada" que se atope do sistema básico 4-4-2.

Ademáis do evento de confusión tamén existe un evento de nerviosismo que se da en partidos de seleccións e en partidos a partir de 8ª ou 9ª ronda de copa debido a menor experiencia dos xogadores dun equipo comparados cos do rival. Este evento prodúcese entre a oitava ocasión e a novena, e dicir, a finais do oitavo bucle ou a principios do noveno, a posición exacta dentro do bucle inda non é coñecida. Pero o importante é que ese evento sempre terá influencia nas dúas últimas ocasións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario