Ó igual que os cartóns, en cada ciclo existe a posibilidade de que teña lugar unha lesión. Esta posibilidade é a mesma para tódolos ciclos e podería funcionar de forma similar ó exposto para os cartóns: en primeiro lugar decídese aleatoriamente se hai lesión ou non, e logo elíxese o equipo que leva a lesión, e o xogador en concreto. A posibilidade media de que teña lugar unha lesión en cada bucle é de un 8%, o que nos da unha media de 0,8 lesións por partido.
Existen dous grupos principais de lesións: as que están relacionadas cun cartón previo por entrada dura no mesmo ciclo, e as que non. En caso de que a lesión estea relacionada co cartón do mesmo ciclo, a lesión será sempre para o equipo rival e o minuto de reporte da lesión será o seguinte ó minuto do reporte do cartón. Se a entrada non produce a lesión directamente, entón o reporte pódese dilatar varios minutos seguindo o avance normal dos minutos exposto na primeira entrada deste blog, e a posiblidade de que apareza a lesión é a mesma que se non existira cartón nese ciclo ou que se o cartón fora por comportamento antideportivo (aprox un 7%). Neste caso o cartón pode ser para calquera dos dous equipos ó 50%. Un cartón por entrada dura non implica que vaia a haber unha lesión necesariamente. Só un 25% deste tipo de cartóns provocan unha lesión relacionada. No outro 75% funcionan da mesma forma que os ciclos sen cartón e os ciclos con cartóns por mal comportamento.
As lesión teñen diversos niveis de intensidade: as non relacionadas con cartón poden ser: leves (0-1 semana, "tirita", o xogador segue a xogar): 34,65%; medias (1-3 semanas): 46,75%; ou graves (3-9 semanas): 18,6%. As relacionadas con cartón poden ter os seguintes niveis: leve ("tirita"): 34,65% ou media-grave (1-9 semanas): 65,35%, que seguramente se repartirán entre medias e graves da mesma forma que no caso anterior.
Parece non haber relación entre as posicións do xogador que recibe cartón e o xogador lesionado, inda cando a lesión está provocada por ese cartón.
Se o xogador lesionado era o capitán e ten que ser trocado darase un reporte para anunciar que a capitanía do equipo pasa a outro xogador do equipo. O xogador que leva a lesión non parece depender da experiencia (por curiosidade en comparación co caso dos cartóns onde sí influía a experiencia).
Dado que hai lesións que dependen directamente dos cartóns, e que os cartóns dependen da experiencia dos xogadores, tamén o número de lesións por partido se ve afectado lixeiramente pola experiencia (neste caso pola experiencia do equipo rival). Inda que as lesións son menos sensibles ó efecto da experiencia, xa que non todos os cartóns provocan unha lesión directa. Así nos partidos de equipos nacionais o número medio de lesións por partido é de 0,7, e en xeral o número medio de lesións en partidos de niveis medios altos de htstats é de 0,7, mentres que a niveis baixos de htstats (asumimos xogadores con pouca experiencia) o número medio de lesións por partido sitúase entre 1 e 0,9.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario