lunes, 18 de mayo de 2009

Sancións

En cada ciclo existe a posibilidade de que ocorra un único cartón. Esta posibilidade depende dos xogadores que se atopen no terreo de xogo e en función de certos parámetros (agresividade, honestidade, experiencia) decídese que equipo vai ve-lo cartón, da mesma forma que nunha ocasión de gol primeiro se decide que equipo vai ter a ocasión. Unha vez que se coñece que equipo recibirá o cartón, escóllese o xogador do equipo que o recibirá en función dos atributos dos xogadores, da mesma forma que cando un equipo ten unha ocasión, despois se elixe o xogador ó que nomear no reporte como rematador da ocasión. O número medio de cartóns por partido é aproximadamente de 1,85; co que en cada ciclo hai aproximadamente un 18,5% de posibilidades de que teña lugar un cartón.

Hai 3 tipos de cartóns:
  • amarelo por entrada dura (1,1 por partido de media), en caso de ter outro cartón amarelo o xogador este será expulsado.
  • amarelo por comportamento antideportivo (insultos, protestas, ...) (0,75 por partido), en caso de ter outro cartón amarelo o xogador será expulsado,
  • vermello directo por entrada dura (0,05 por partido).
Se o xogador expulsado era o capitán terá lugar un reporte para anunciar que a capitanía do equipo pasa a outro xogador. Puiden observar que os capitáns só son expulsados un 7,9% das veces que un xogador é expulsado (en lugar do 9% que sería un reparto uniforme entre os 11 xogadores dun equipo). Isto explícase polo feito de que os capitáns soen ser xogadores con máis experiencia que a media do equipo, e este é un factor a hora de determinar quen recibe o cartón. Tamén corrobora esta teoría, o feito de que nos partidos das selección o número medio de cartóns é máis baixo, sobre uns 1,25 cartóns por partido, e en xeral, en partidos de nivel moi alto (sen ser seleccións nacionais), o número de cartóns pode chegar a caer por debaixo dos 1,5, mentres que en partidos de equipos con nivel moi baixo (equipos de menos de 80 htstats, supoñemos que con xogadores de pouca experiencia) o número de cartóns está preto de 2 por partido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario