domingo, 10 de mayo de 2009

Ocasión de gol

Este é o núcleo do bucle a partires do cal se foron incorporando o resto de eventos.

Se houbo un evento de presión no bucle non se fará ningún cálculo e non hai ocasión. Se non houbo presión, o primeiro que se vai calcular é o minuto no que terá lugar a ocasión avanzando unha distancia de X minutos dende o último reporte (poden ser 0 minutos), para así poder coñecer as calificacións dos dous equipos nese minuto. Estas calificacións van depender dos xogadores que haxa no campo e o efecto de factores como a condición, eventos climáticos, confusións, botarse a defender, sobreconfianza,...

Cas calificacións de mediocampo obterase a posesión para os dous equipos nese minuto. As ocasión normais distribuense en función da posesión de balón segundo unha fórmula de resultados similares ós de Pa^x/(Pa^x+Pb^x) sendo Pa e Pb as posesións de cada un dos equipos. Tradicionalmente veuse considerando que x podería ser un valor entre 2,7 ou 3, pero persoalmente creo que x podería chegar a 3,37.

Unha vez decidido que equipo vai dispor da ocasión, decidirase por que zona terá lugar a ocasión en función da táctica do equipo. Unha táctica normal terá aproximadamente a seguinte distribución:
-36% ó ataque central
-25,75% a cada ataque lateral (51,5% a suma das dúas bandas)
-12,5% a BP (4,25% faltas, 4,25% penalties; 4% LI)

Non se fixo ningún estudio para o efecto na distribución de tácticas tales como AIM ou AoW, xa que atoparía os resultados pouco fiables. Cando un equipo xoga AoW é porque o seu nivel de ataque central ten poucas posibilidades de marcar, e polo tanto poucas posibilidades de que as ocasións que van ó centro sexan reportadas, e podería parecer que a eficiencia desas tácticas é maior da que realmente é. Nas regras do xogo ven unha explicación do rendimento destas tácticas que debemos supoñer bastante precisa.

Unha vez decidido que equipo disporá da ocasión e por onde atacará, tomaranse as calificacións de ataque de ese equipo por esa zona e as calificación do rival que defenden esa zona (excepto para o caso das faltas e penaltis que dependerá das habilidades de BP e anotación do lanzador e as habilidades de BP e portería do porteiro). A fórmula que decide se unha ocasión será gol ou non é difícil de aproximar xa que para cada relación de calificacións podemos coñecer as ocasións marcadas e as erradas por pouco, pero non as erradas por moito xa que estas non se chegan a reportar, polo que non podemos estar seguros estar seguros da porcentaxe de goles sobre o total de ocasións para cada unha das relacións de niveis; cecais mirando os CA se puidera aproximar mellor xa que tódolos CA son reportados (independentemente de se son anotados ou errados por moito ou pouco) e darían unha mellor aproximación á porcentaxe de conversión (supoñendo que a fórmula de conversión das ocasións normais e os CA fora a mesma). O que sí me atrevería a dicir é que a baixos niveis, en calificacións ataque-defensa igualadas (relación de 1:1) a defensa é máis exitosa (só en torno a un 35-40% das ocasións rematan en gol, facendo estimacións das non reportadas), mentras que a niveis altos, en calificacións ataque-defensa igualadas (tamén relación 1:1) o ataque vólvese máis exitoso (en torno a un 55-60% das ocasións rematan en gol, tamén facendo unha estimación das non reportadas). Tamén cabe mencionar que nas ocasións de BP que se resolven por habilidades e non por calificacións, a porcentaxe de conversión dos penaltis e maior que a das faltas directas.

No caso de que a ocasión remate en gol, pódense xerar 2 notificacións:
-1) notificación de que o xogador que marcou conseguiu un hattrick
-2) o equipo reprégase por considerar suficiente o resultado. Este evento só pode producirse unha vez por cada equipo e prodúcese cunha probabilidade de 0,2 cando o equipo pasa a gañar por dous goles; cunha probabilidad 0,4 cando pasa a gañar por 3 goles; e así sucesivamente ata qeu se pasa a gañar por 6 goles, momento no que se producirá sempre que inda non se tivera producido. Sobre os efectos desta notificación coñécese que se incrementan as calificacións de defensa e se perde ataque, quedando o medio sen alterar, ainda que non existen resultados empíricos.

Se a ocasión é errada, o equipo rival poderá xerar un contraataque.

No hay comentarios:

Publicar un comentario