Un contraataque aparece a continuación dunha ocasión errada. Pódese xerar espontáneamente ou gracias ó uso da táctica contraataques, pero en ámbolos casos funcionan da mesma forma. Teñen a característica de que sempre serán reportados, inda que se erren por moito.
Os contraataques resólvense seguindo o modelo da ocasión normal, pero xa sabendo que equipo é o que disporá da ocasión (o equipo contrario ó que errou a ocasión normal previa). Así que só é necesario decidir a zona de ataque e se vai ser gol ou non. En canto á distribución das zonas de ataque séguese o mesmo modelo das ocasións normais cunha variación: un contraataque non pode rematar en penalti, polo que ese 4,25% de ocasións normais que rematan en penalti vanse engadir ás faltas directas, polo que a porcentaxe de contraataques que rematan en falta directa é de 8,5%. Isto é unha lixeira desventaxe para os contraataques frente as ocasións normais, xa que a porcentaxe de conversión dos penaltis é maior que a das faltas directas.
Tralos últimos cambios en HT, os CA teñen lugar inmediatamente despois da ocasión errada (cunha diferencia máxima de dous minutos), mentres que antigamente se podían dilatar varios minutos. Así trátase de evitar que se a situación irreal de que se fagan sustitucións entre unha ocasión normal é un CA, inda que non se consegue evitar totalmente.
Cada evento de contraataque depende do número de contras previas, facéndose máis difíciles canto máis CAs teñan xa aparecido. Por iso a súa frecuencia de aparición decrece co paso dos minutos (e dos ciclos). Tamén son máis difíciles canto maior sexa o nivel dos equipos que xogan.
É curioso recordar que existía un vello "bug" segundo o cal os equipos locais non podían ter CAs espontáneo, así que é posible que á hora de xerar unha contra se mire qué equipo é o local para algún cálculo.
Tras un CA que remata en gol tamén se poden reportar as notificacións de hattrick e de botarse atrás ó igual que nas ocasións normais ou nos eventos especiais.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario